Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O comité de empresa de Alcoa manifestarase o 14 en Lugo

Por 7 Decembro, 2019Sin comentarios

O novo comité de empresa de Alcoa San Cibrao vén de convocar unha nova manifestación, que será o día 14 en Lugo.

Así, os representante sindicais e alcaldes da Mariña reuniranse novamente, respaldados por veciños e traballadores, para tratar esta protesta en defensa da fábrica cervense e dos seus empregos.

Esta mobilización será diante da Subdelegación do Goberno de Lugo para así, tratar de presionar ao Goberno Español na resolución e toma de medidas de Alcoa San Cibrao.