Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Lourenzá prepara o I Concurso Vilou Karaoke para o 14

Por 8 Decembro, 2019Sin comentarios

Lourenzá prepara o I Concurso Vilou Karaoke para o 14 de decembro.

Haberá un número limitado de 25 participantes, que poderán obtar aos premios que serán vales de compra para gastar no comercio e autónomos asociados á Acial de Lourenzá.

O prazo de inscripción é ata o día 12 de decembro, dito plazo pode pecharse si se alcanzan antes os 25 participantes, os cales serán por orde de inscripción.

Ese día antes do Karaoke haberá unha cea, para a cal hai entradas á venta na Vinoteca Morrigan, Suministros O Candado, Parafarmacia Moda Conde Santo e Lucía Valea Fotografía. 

A cea, que será a partir das 22.30 horas, consta de paella, costela asada, sobremesa, bebida, café e chupito. Ten un prezo de 18 euros para adultos, 10 euros de 5 a 11 anos e para os máis cativos é de balde.

Os participantes poden anotarse no teléfono 646 287 706 ou en acial.lourenza@gmail.com.