Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros colabora co Programa Rede Paraugas Alzhéimer 4.0

Por 9 Decembro, 2019Sin comentarios

A concellería de servizos sociais do Concello de Barreiros colabora co Programa Rede Paraugas Alzhéimer 4.0, organizado pola Federación Alzhéimer Galicia (FEGAL), Fundación Barrié e AFAN Burela.

Este programa vai dirixido a coidadores familiares de persoas que sofren Alzhéimer ou outra demencia.

A primeira sesión, que será unha xornada de axuda mutua para familiares de persoas con demencia, terá lugar o 26 de decembro na aula CeMIT de Barreiros (Teleclub San Cosme), en horario de 16.30 a 19.30, posteriormente realizarase unha sesión mensual, ata xuño 2020, cunha duración de 3 horas cada sesión e onde se combinará formación con grupo de axuda mutua.

Para máis información e/ou formalizar a inscrición, poden dirixirse ao departamento de servizos sociais ou no telf. 982 124 002