Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación deportiva de Sendeirismo de Burela prepara unha ruta por Fonsagrada

Por 11 Decembro, 2019Sin comentarios

A Asociación deportiva de Sendeirismo de Burela prepara para o 14 de decembro unha ruta de sendeirismo.

A devandita ruta leva por título Ruta de Fonsagrada, e terá saída ás 8.30 horas da estación de autobuses de Burela.

Serán 8 quilómetros de dificultade baixa, que rematarán nun xantar típico da Fonsagrada.

O roteiro ten un prezo de 25 euros para socios e 30 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 982 580 504 ou en Gráficas Arfe antes do xoves 22 ás 14 horas.