Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa hai gañadores do concurso de postais de Nadal de Cervo

Por 11 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, convocou un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras tiveron como tema o Nadal, pero a técnica foi libre.

Así, os gañadores foron, na categoría de 3 a 5 anos Brais Lorigados, na de 6 a 9 Valeria Iglesias, e de 10 a 12 anos Cecilia Fernández. Tamén se elexiu a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello que foi para Maeve Díaz.

Por outra banda, o Concello de Cervo, convidaou un ano máis aos nenos a confeccionar o belén de plastilina que poderá ser visitado durante todo o Nadal na Casa da Cultura e na Casa do Concello.