Xa hai raiña do Entroido de Foz

A elección da raíña ou rei do Entroido de Foz 2020 fixose nun acto cheo de público, no que votaron os membros do xurado e os asistente.

Así, a raíña do Entroido 2020 é Andrea García Mondelo, e nesta foi a terceira vez que se presentou a candidatura. Aínda non ten preparado o vestido que levará, pero ten moitas ideas na cabeza.

Da organización encárgouse a asociación O Noso Foz, que contou coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello focense.

Por outra banda, a organización lembra que o grupo que aportou máis tickets do Gadis de valor superior a 10 euros, levará 10 entradas gratis para a cea de coroación, pero aínda están contando os tiquets.

Etiquetas