Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Un paciente denuncia que leva agardando máis de cinco meses por unha cita médica anulada polo Sergas

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

A paciente, que a maiores ten unha discapacidade intelectual e está representada por seu pai como titor legal, padece dunha diabetes con seguimento polo servizo de endocrinoloxía. O pasado 15 de abril de 2019 solicítanlle desde o servizo de endocrino unha cita  aos 3 meses para control da súa diabetes, e danlle vez para o 16 de xullo de 2019. Esta cita foi anulada telefónicamente sen darlle unha data alternativa, “so nos dixeron que xa nos chamarían “- comenta seu pai e titor legal. Desde entón non volveu saber nada da devandita consulta , nen ninguén se puxo en contacto con eles.

A paciente precisa deste seguimento periódico da súa enfermidade, e xa meses atrás tivo que acudir ao PAC de Viveiro para recibir puntos de sutura nunha ferida producida por unha caida, a consecuencia dunha baixada de azucre.  A paciente ( na voz do seu tutor legal) reclamou anteriormente en dúas ocasións, demandando ser vista polo servizo de endocrinoloxía . Como as súas demandas non eran atendidas, contactan coa Plataforma Sanitaria , que lles axuda a redactar de novo unha reclamación rexistrada o 11 de novembro de 2019 con número de entrada 4765. 

A Xerencia deixou meses sen substituír a baixa do único endocrino que hai no hospital

Desde o colectivo sanitario queremos denunciar que existen numerosos casos coma este na comarca , todos eles provocados pola desidia desta xerencia ,que se negou a substituir a baixa durante mesese do único especialista da área de endocrinoloxía que existe neste hospital, deixando a centos de pacientes da comarca abandonados á sua sorte. Esto só é un exemplo máis do que lle importamos as veciñas e veciños a esta xerencia, que prefire recortar en recursos humanos ainda que eso signifique deixar á poboación sen asistencia durante meses. Sabemos que hai moitas  pacientes na  mesma situación, coas  consultas suspendidas e sen saber cando van ser vistos polo profesional, o cal causa unha gran ansiedade neles e un enorme sentimento de desleixo.Esiximos a reparación desta agresión”- conclúen os activistas sanitarios.