Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Vanse facer tarefas de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Ouro en Alfoz

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

Vanse executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Ouro, no municipio de Alfoz.

Os traballos coinciden cos tramos deste ríos no seu percorrido polas parroquias de San Pedro de Mor, O Castro de Ouro e Carballido.

As tarefas que se están a realizar forman parte dos traballos de mantemento destes tramos en áreas con risco potencial de Inundacións, centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Mediante este tipo de traballos o obxectivo é a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.