Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A asociación Eco das Minas da Pontenova organiza un obradoiro de Nadal

Por 13 Decembro, 2019Sin comentarios

A asociación Eco das Minas en colaboración co Concello da Pontenova organiza un obradoiro Nadal Creativo para o domingo 22 na Casa da Cultura.

Nesta xornada, crearanse adornos e tarxetas de Nadal coas técnicas de estampación, esténcil e uso de materiais reciclados.

Este obradoiro ten un prezo de 13 euros e haberá dúas quendas, de mañá de 11 a 13 e de tarde de 17 a 19 horas.

Para apuntarse hai que chamar ao 610 947 738 ou 653 434 712.

Por outra banda, o día 21 de decembro ás 21 horas a escola de teatro da Pontenova representará Pontenova First Days, encontros navideños, na Casa da Cultura.

O día 5 haberá tamén a cabalgata dos Reis polas rúas do Concello.