Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Lourenzá anunciou a programación para este Nadal

Por 13 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Lourenzá anunciou a programación organizada para este Nadal, que comezará este sábado 14 de decembro ás 20.00 horas coa Gala de Teatro e despois será o I Concurso Vilou Karaoke e unha cea que será a partir das 22.30 horas.

Xa o día 20 celebrarase a Gala do Deporte de Lourenzá no salón de actos do Concello, no transcurso da gala iranse proxectando vídeos sobre os deportistas e clubs deportivos galardoados e terá lugar a entrega de premios da man da alcaldesa e do concelleiro de Deportes

Os días 22 e 23 de decembro será o Mercado de Nadal na carpa, coa colaboración de Acial, no que haberá postos, actividades paralelas e un sorteo.

O día 23, Papá Noel visitará Lourenzá e despois os veciños poderán desfrutar dunha actuación de títeres coa obra Familia Unida a cargo de Mircromina, e o día 24 a asociación Conde Santo preparará unha festa de noiteboa ao igual que o día 31 de decembro que haberá unha festa de fin de ano.

Como todos os anos, unha das visitas máis agardadas aparte da de Papá Noel, será a tradicional por excelencia, a cabalgata dos Reis Magos, que desfilarán o día 5 polas rúas do  concello. Farán un pequeno percorrido polas parroquias do Val de Lourenzá facendo distintas paradas tanto nas igrexas parroquiais como nos centros cívicos. A hora da saída aínda non está prevista, pero cando rematen, como todos os anos, asomaranse ao balcón da Casa do Concello, desde onde dirixirán unhas palabras a todos os nenos.