O Apalpador, espectáculos, teatro e maxia achegaranse aos concellos

A área de Cultura da Deputación achega, de forma gratuíta, unha programación con 30 actividades aos concellos da Provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “entre as actividades incluímos teatro, maxia, varias compañías de monicreques e visitas do Apalpador que de seguro farán as ledicias dos nenos e as nenas. É unha programación deseñada para aproveitar o tempo de lecer das crianzas e para inculcar valores, con espectáculos sobre igualdade ou manter unha figura do nadal galego como é o Apalpador, quen ademais transmite a importancia da conservación do Medio Ambiente”

Sábado 14

Foz – Igualdade onde estás? de Fani Triana. Ás 19.00 no Local Social de Cangas de Foz

Venres 20

Cervo – Visita do Apalpador. Ás 17.00 no Pavillón de San Román de Vilaestrofe

Luns 23

Barreiros-O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Centro Sociocultural

Luns 30

Barreiros- Visita do Apalpador. Ás 18.00 no Centro Sociocultural

Venres 3

Viveiro – O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Teatro Pastor Díaz

Sábado 4

Ribadeo- O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.30 no Teatro

Etiquetas