Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A nova residencia de maiores con centro de día de Foz incremetará a atención residencial da zona

Por 14 Decembro, 2019Sin comentarios

A nova residencia de maiores con centro de día do Concello de Foz incremetarán a atención residencial e diúrna da zona con 40 prazas de residencia e outras 40 de centro de día. 

Este centro pretende mellorar tamén a atención na comarca da Mariña ao beneficiar, non só aos veciños de Foz, senón tamén aos concellos da contorna como Alfoz, Ferreira e San Cosme. Con estas instalacións continuase ofrecendo ás persoas maiores todos os servizos necesarios para pasar esta etapa das súas vidas onde e como desexen. 

Neste sentido, a Administración tamén traballa para darlle todas as facilidades a aquelas persoas que deciden seguir vivindo nas súas casas. Para iso, as iniciativas como o Servizo de Asistencia no Fogar que atende a 24.000 persoas en toda Galicia; o programa Xantar na casa, que achega un menú equilibrado e saudable a usuarios de 177 municipios; ou o autobús de Coidados porta a porta que percorreu durante este ano 20 concellos de Galicia e que nos próximos meses percorrerá 200 novas localidades para ofrecer coidados gratuítos de podoloxía, optometría e de estimulación da memoria.