Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha ampla representación apoia aos traballadores de Alcoa na manifestación de Lugo

Por 14 Decembro, 2019Decembro 17th, 2019Sin comentarios

Unha numerosa representación de todos os patidos políticos participaron na nova concentración, esta vez na capital lucense, para reclamar do Goberno central a adopción das medidas precisas para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao, unha industria que dá traballo a unhas 2.000 persoas e que representa o 30% do PIB da provincia. “Pasan os días e o Goberno non adopta as resolucións precisas para que Alcoa poida competir en igualdade de condicións, en canto o custo da enerxía eléctrica, coas empresas europeas do sector”, esa é a gran demanda do comité de empresa.

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, dixo que o 15 de xaneiro abrirase unha mesa de negociación co Ministerio de Industria.

A portavoz nacionalista, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na manifestación convocada polos traballadores e traballadoras de Alcoa en Lugo para reclamar unha solución que garanta a produción o os postos de traballo, tanto na factoría de San Cibrao e da Coruña, como no resto de empresas grandes consumidoras de electricidade.

“Estamos aquí para trasladar todo o apoio do BNG e para denunciar que estamos nun momento crítico con miles de postos de traballo en xogo no sector do aluminio que baixo ningún concepto podemos deixar caer, porque sería o colmo do esperpento que sendo Galiza unha potencia eléctrica en lugar de servir para crear riqueza e emprego sirva para seguir engordando os beneficios das eléctricas”, denunciou.

Pontón tamén resaltou a urxencia de poñer en marcha a mesa de Alcoa comprometida pola ministra de Transición Enerxética, Teresa Ribera, na súa visita á factoría de San Cibrao, “que se poña a traballar”, reclamou, porque a non pode agardar máis para ter unha solución. “Toca que os gobernos da Xunta e do Estado estean á altura das circunstancias para que non se perda nin un só posto de traballo”, concluíu. O estatuto das electrointensivas é unha das cuestións clave que forma parte da axenda galega do BNG ante o Goberno do Estado.

O voceiro de En Marea participou na concentración  e reclamou que se cumpran as súas peticións e que o goberno cambie o xeito en que se calcula o prezo da enerxía eléctrica de maneira que se abarate para a industria electrointensiva e, ao tempo, para as familias.

Luís Villares sinalou na concentración da plantilla de Alcoa diante da Subdelegación do Goberno en Lugo que o que reclama En Marea son tres feitos. O primeiro deles é que “se garanta a contunidade dos postos de traballo na factoría” como corresponde á importancia desta industria para A Mariña, para Lugo e para Galicia.

Os populares tamén asistiron e aseguraron que “o verdadeiro problema de Alcoa é que non pode competir en igualdade de condicións co resto da industria europea por culpa do elevado prezo da electricidade. Esgótase o tempo, para a empresa e para as familias, e cada vez hai más risco de que, aínda que se arbitren medidas reguladoras, cheguen tarde. O Goberno ten que reaccionar”.