Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz organiza moitas actividades para Nadal

Por 15 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Foz organiza un amplo abano de actividades para Nadal. Así, o día 15 ás 20.00 horas haberá un Festival de Nadal con panxoliñas, con entrada gratuita, a cargo de Mar Aberto e a Coral Polifónica de Foz.

O día 20 a Escola de Música de Foz preparará un Festival de Nadal ás 20.30 na Sala Bahía con prebanda, coro iinfantil e orquestra de Jazz.

O sábado 21 ás 18.30 a Sala Bahía acollerá a obra de teatro Nana para un soldado a cargo de Ghazafhellos, é está dirixida ao público infantil e ten un prezo de 1,5 euros os nenos e 2,5 os adultos. Máis tarde, ás 20.30 horas, Ars Polifhónica dará un concerto de Nadal.

O domingo 22 ás 12.00 será o acto de celebración dos 40 anos de municipios democráticos na Sala Bahía. e pola tarde terá lugar o Run Nadal desde ás 16.30 ás 19.00 horas.

O martes 24 de 12 a 13 horas Papá Noel sairá da Casa da Cultura ata o Concello onde recibirña a todos os nenos. Lembran desde a organización que os nenos poden ir na carroza, previa inscrición no Concello.

Tamén o 24 pero ás 12.00 na avenida da Mariña, os alumnos da Escola de Música de Foz interpretarán panxoliñas en varios puntos da avenida.

O día 28 ás 18.30 horas na Sala Bahía a compañía Sarabela representará Proxecto Noe. Esta obra ten un prezo de 1,5 euros os nenos e 2,5 os adultos.

O martes 31 de decembro a Escola de Música de Foz voltará a facer un concerto de panxoliñas na  avenida da Mariña.

Xa en xaneiro, o teatro voltará a Sala Bahía pero nesta ocasión será coa compañía Cayetano Lledó e a súa obra Sherlock Holmes. Pola tarde será a gala de patinaxe no colexio Martínez Otero.

O domingo 5 chegará a esperada Cabalgata de Reis que sairá  da praia da Rapadoira e percorrerá as rúas da vila ata chegar ao Belén vivinte no Concello. Desde a organización dín que se esperan moitas sorpresas na cabalgata, e que os reis recibirán a os nenos na Sala Bahía onde haberá inchables, churros con chocolate e roscón.