Skip to main content
Actualidade

Os mercados e prazas de abastos comezan a ter prezos navideños

Por 15 Decembro, 2019Sin comentarios

Os mercados e prazas de abastos comezan a ter ambientes navideños, e os prezos tamén empezan a poñerse en consonacia con estas datas.

Así, os expositores de peixe e marisco xa están listos para comezar a campaña de Nadal, e os compradores máis previsores poden facer as súas compras un pouco máis baratas. Isto significa que entre mercar estes días ou a vindeira semana suporá incrementar o prezo o dobre ou o triple, dependendo do produto.

Para estas datas a centola, a raiña do Nadal, xa conta cun prezo de saída de 45 euros o quilo, e os percebes, xa están a 140 euros o quilo.

O buey de mar está a uns 18 euros o quilo, as gambas vermellas do mediterráneo rondan os 40 euros e as nécoras entre 20 e 40 euros dependendo do seu tamaño.

As cigalas son o outro gran produto que non deixa de subir de prezo, agora mesmo atópase a uns 60 euros, pero nuns días este prezo será o triple, o bogavante estase vendendo ao redor dos 50 euros

Nestas subidas inflúen as demandas e a climatoloxía, que este ano non favorece ao consumidor. Se a flota está amarrada no porto, as tendas terán menos produto que ofrece e polo tanto subirá o prezo.

Aínda quedan día ata o propio día de Nadal, pero os máis previsores empezan a encher o arcón da casa.