Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Foz pediu mellorar a sinalización na estrada N-642 para facilitar o acceso e saída da ITV de Cangas

Por 16 Decembro, 2019Sin comentarios

O BNG  de Foz acadou a aprobación no Pleno de decembro, dunha proposta para mellorar os accesos  a ITV de Cangas de Foz. Actualmente o acceso e saída da ITV realízanse no mesmo sentido, dirección Burela, sendo imposible a reincorporación a estrada sentido Foz a saída da ITV ou o acceso directo a mesma estación cando se ven dende Burela.

Numerosos usuarios da estación,  teñen solicitado facilitar o acceso a entrada e saída da estación de ITV tamén dende Burela e cara a Foz evitando movementos perigosos de tráfico especialmente de veículos pesados.

A Policía local de Foz elaborou un informe que se adxunta na iniciativa, no que se elabora a petición de usuarios, unha proposta de modificación do pintado da estrada para poder facer accesible estes movementos, considerándose viable por ancho de firme e condicións de seguridade a proposta de acceso dende Burela e saída directa cara a Foz, cun repintado que habilitase un carril de incorporación para poder facelo con garantías.

Despois do asfaltado desta estrada e pendente da capa de rodadura, permanece ainda (un tempo que o BNG considera excesivo) sen realizarse o pintado definitivo  do firme. Sendo esto necesario e facendo da necesidade virtude, pode ser un bo momento para que cando se faga o pintado se habilite esta mellora, facendo posible esta aspiración dos veciños. Polo tanto o BNG solicita que nese necesario repintado se teña en consideración a valoración da habilitación do carril de incorporación para a entrada e saída da ITV na N 642 no punto kilométrico 39,4 dacordo co informe da Policial Local de Foz. A moción foi aprobada por unanimidade da Corporación.