Skip to main content
Trabada

A asociación O Picato organiza o programa de Nadal en Trabada e outras tres festas anuais

Por 17 Decembro, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

A piques de cumprir as vodas de prata, a asociación O Picato de Trabada ultima os preparativos para a celebración do Nadal, unha das súas responsabilidades anuais. Este ano volverán centralas na festa de Reis, que se celebrará na véspera de Reis. Consistirá nunha festa na que estarán os reis, que escoitarán as demandas dos pequenos e entregarán a cada un un agasallo.

Nesa festa, que dará comezo ás 17.30 horas, haberá unha actuación para os pequenos, “pero que sempre gusta aos pais tamén”, sen faltar a merenda con chocolate con churros.

A festa de Reis vén a substituír á cabalgata que esta asociación organizaba tradicionalmente no Concello pero que foi quedando en festa debido ao descenso de poboación.

Aínda así, o Picato segue a manter o seu espírito festivo e continúa traballando día a día para manter o seu programa anual, que ademais do nadal conta con outras tres celebracións importantes, o Entroido, as Letras Galegas e o San Xoán.

O primeiro é o acto más importante non só para a asociación, senón tamén para o Concello. De feito, ao coincidir a última fin de semana reúnen todos os anos preto de 1.500 persoas, unha cantidade importante debido ao volume de poboación que ten Trabada, que rondas as mil.

Así, todo os anos convírtese unha lugar de peregrinaxe de xentes vestidas de todas as cores moitas veces condicionados pola envergadura dos premios, dos que se fai responsable económicamente o Concello.

O desfile, o concurso e tamén a orquestra que pon fin á festa da carne son elementos máis que suficientes para atraer ao público. Pero ademais, a asociación O Picato sortea unhas cestas con produtos do Entroido nas que colaboran todos os veciños dun ou doutro xeito.

Outra das citas obrigadas que organiza esta asociación é o certame das Letras Galegas, no que poden participar veciños de todas as idades en tres categorías diferentes, fotografía, debuxo e narración. Todo os participantes reciben nesta cita un libro de agasallo con premios ademais para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

Por suposto e como non podería ser doutro xeito, a última actividade que organizan é a cea anual, que coincide coa asamblea xeral.

A DIRECTIVA

A directiva está formada na actualidade por 9 persoas pero pertencen a ela máis de cen familias que pagan unha cota anual de 20 euros ou 12 euros para os que son sós. Pero para manter a asociación e financiar as actividades resulta necesario ter moita creatividade e empuxe. Ademais dos cartos que reciben en forma de subvención do Concello, dirixidos a costear os premios do Entroido, a asociación organiza a venda de lotería ou outras accións para recadar algo máis de cartos. Ademais, o Concello encárgase de pór a infraestrutura para que se podan celebrar as actividades.

Ao longo dos anos teñen desenvolvido outras actividadades de importancia, como a Semana Cultural, durante as festas de agosto, ou un ciclo de teatro, ambas as dúas están agora ao cargo do Concello directamente polo que a asociación volca os seus esforzos en organizar a grandes citas anuais das que é responsable.

Agora, no mes de xaneiro, a asociación busca renovar a súa directiva, tras o prazo regulamentario de catro anos, aínda que moitos deles levan máis tempo. Os membros actuais consideran necesario que se incorporen agora outras persoas para dar outra visión e outras propostas.

Ademais, moitas dos actuais están traballando fóra de Trabada polo que é díficil para eles organizarse para quedar e preparar as actividadades, polo que buscan xente do pobo que queira seguir mantendo a tradición  que define a Trabada.