Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove organiza a IX edición do Concurso de Karaoke

Por 18 Decembro, 2019Sin comentarios

Dentro do Programa de Nadal do Concello de Xove, un dos seus pratos fortes vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano celebra a súa IX edición o sábado 28.

Este concurso presenta tres categorías, a de Peques para menores de 12 anos; Junior de 12 anos ou máis e menores de 18; Veteranos para maiores de 18 anos.

As bases, inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello.

A inscrición neste concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o venres 27 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso de 17.00 a 19.00 horas no pavillón municipal, para os que inda queiran apuntarse.

En canto aos premios do concurso, haberá 3 por categoría e dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización. En total son 900 euros en premios en metálico.