Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A casa da cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal

Por 19 Decembro, 2019Sin comentarios

A exposición de postais de Nadal realizadas por escolares de Burela estará aberta na Casa da Cultura de Burela do 20 de decembro ata o 15 de xaneiro.

Na mostra expóñense os traballos presentados ao concurso, convocado polo Concello, no que participaron nenos e nenas en idade escolar. O tema foi O Nadal, con técnica libre, e o tamaño aproximado das postais é de 15×21 cms pechada e 30×21 cms aberta. As categorías son: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. Foron presentadas un total de 150 postais.

Os traballos estarán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela, sita no primeiro andar, desde este venres, 20 de decembro, ata o 15 de xaneiro de 2020. O horario de visitas será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.