Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz organiza unha charla sobre consumo responsable en Nadal

Por 19 Decembro, 2019Sin comentarios

Este venres 20 de decembro, o Concello de Foz organiza unha interesante charla sobre consumo, baixo o título Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable.

Será unha charla participativa que pretende afondar nas vendas a distancia e nos dereitos das persoas consumidoras e farase na Casa da Cultura ás 17.30 horas.

Ademais, traballaranse aspectos coma o dereito de desestimento, garantías e vías de reclamación no caso de que os nosos dereitos se vexan vulnerados.