Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Museo do Mar de San Cibrao acolle un ciclo de conferencias sobre o patrimonio

Por 19 Decembro, 2019Sin comentarios

Co título Escoitando o mar, Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano. O próximo día 20 comezarán as xornadas coa conferencia Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima a cargo do Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Enrique Blanco, Ex – Director CEIP Noia.

O 26 de decembro Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre Mitos do mar: O alén dos barqueiros e o 27 deste mesmo mes a conferencia A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva a cargo do profesor da UDC, José Manuel Vázquez Lijó, cerrará estas xornadas que terán lugar no Museo do Mar de San Cibrao e que contan coa colaboración da Rede Museística Provincial e maila Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.