Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aprazada a I Proba de Orientación de Lourenzá deste domingo

Por 20 Decembro, 2019Decembro 21st, 2019Sin comentarios

Un centenar de participantes ibanse dar cita en Lourenzá para disputar a I Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, organizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Fluvial de Lugo, pero o temporal non deu tregua.

Así, a Secretaría Xeral do Deporte aconsella suspender as actividades ao aire libre, polo tanto xa están a buscar xa unha data alternativa para a pioneira proba de orientación. Ademais terán que contactar cos máis de 100 inscritos para devolverlles a cota por se non puidesen asistir noutra data.

O inicio deste evento deportivo terá lugar ás 10.30 horas e o peche de meta será ás 13.45 horas. Haberá tres categorías: Iniciación Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas). Ás 10:00 horas, previamente á saída, daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.