Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo felicita aos veciños co seu tradicional calendario de Nadal

Por 21 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.

En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.

Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións, que tiveron lugar no noso Concello nesta ocasión entre os anos 91 e 2007; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas. “Son instantáneas que forman parte da fototeca municipal, cedidas polos nosos veciños, aos que lles temos que agradecer ese xesto xeneroso que nos permite recuperar anacos da nosa historia e recompilalos, ano tras ano, neste almanaque que ten tanto significado para nós”.