Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Malestar polo estado da estrada que vai a San Isidoro de Monte en Xove

Por 23 Decembro, 2019Sin comentarios

Un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte mantiveron no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro onde lle manifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Monte e que presenta un estado lamentable. A cantidade de baches, pequenos e grandes, é incontable, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. A estrada, de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, é nestes intres un auténtico perigo, tanto para pións como para a circulación de vehículos.

Esta estrada é vital para a parroquia, xa que é o cordón umbilical que une Monte con Xove, percorrido que hoxe é unha auténtica e perigosa aventura.

O alcalde aproveitou a xuntanza para entregarlles aos veciños unha copia do acordo asinado entre o Concello de Xove e a Deputación de Lugo segundo o cal a estrada debería estar asfaltada con aglomerado en quente neste 2019, acordo que a Deputación de Lugo está a inclumplir.