Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O presidente celebra o Nadal cos usuarios das residencias de maiores de Trabada e Ribadeo

Por 23 Decembro, 2019Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, celebrou o Nadal cos usuarios e usuarias das residencias de maiores de Trabada e Ribadeo. Falou con eles e cos traballadores e traballadoras de cada centro e participou na entrega de agasallos da institución provincial aos residentes. Tomé estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; a Alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra Bermúdez; o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; e a Concelleira de Servizos Sociais e Obras do municipio, Mónica Freire.

“Estou moi orgulloso. Cando empezamos esta andaina pensamos que íamos facer centros de atención para maiores e hoxe vexo que o que conseguimos son fogares”, dixo Tomé, que agradeceu a labor dos traballadores das residencias, “polo voso compromiso, polo voso mimo e pola vosa dedicación”. O Presidente visitou primeiro aos 24 usuarios e usuarias da residencia de Trabada  e logo aos 42 de Ribadeo. Nos dous centros axudou a repartir os agasallos personalizados da Deputación de Lugo, e no de Ribadeo os residentes cantaron unha panxoliña antes de brindar polas festas. Estes días os centros ofertan ademais un menú especial, adaptado as necesidades de cada usuario e usuaria, con motivo do Nadal.

Nos Orzamentos 2020 a Deputación de Lugo destina 9 millóns de euros ao funcionamento das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo; para a apertura das de Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, e, avanzar no equipamento, Meira e Ribas de Sil.