Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove elabora un calendario para os seus veciños

Por 23 Decembro, 2019Sin comentarios

Dende hai anos o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo.

Así, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, quen elabourou o calendario deste vindeiro ano 2020, fixo a presentación do mesmo.

O calendario 2020 mostra nas súas páxinas un conxunto de fotografías antigas no que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas.

Dende o Concello agradécese a todas as persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario; tamén un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografías e que xa non nos acompañan.