Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alumnos do Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo gravaron un vídeo en apoio do comercio local

Por 24 Decembro, 2019Sin comentarios

Os alumnos e alumnas do Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a Acisa Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio da nosa vila.

O presidente Francisco Iriarte dixo “estamos moi contentos de que os nenos tan xoves de Ribadeo sexan conscientes da importancia que ten o comercio local, das súas vantaxes, e de que prefiran mercar na vila que por internet. “É moi grato ver como uns pícaros tan pequenos de motu propio son tan agradecidos e son conscientes do esforzo dos comercios cando colaboran con estas actividades”. Os vídeos poden verse na web do centro educativo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz/node/1338

 

Segue a programación de Nadal

Tras a apertura onte domingo de RibaXogo, que continua cunha gran cantidade de actividades, e o éxito que está a ter a entrega de rifas para a IX Festa do Comercio, este xoves, 26 de decembro, as 18.00 horas no Teatro de Ribadeo, ACISA en colaboración co seu asociado Kids&Us, levarán a cabo unha pequena obra teatral, StoryTime: The Elf´s Inventions,  para nenos e nenas de todas as idades.

Francisco Iriarte subliñou que “a entrada é gratuíta. Animamos a todos os pícaros a pasar un anaco da súa tarde vendo esta interesante obra de teatro; é de duración breve polo que poden ir vela e despois ir xogar a RibaXogo. Cremos que é unha boa forma de completar a variada oferta lúdica que presenta Ribadeo neste Nadal.”