Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Deputación investirá na mellora de servizos e infraestruturas de varios concellos

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

A Xunta de Goberno aprobou a sinatura de convenios de colaboración da Deputación con cinco entidades de Mondoñedo, Viveiro, Foz e Lugo por un importe conxunto próximo aos 240.000 euros.

Por un lado, a Deputación firmará un convenio de preto de 150.000 euros co Concello de Mondoñedo para a mellora de diversas vías: nos núcleos de Cesuras, Curuxeiras, San Pedro, Cabana, Vilar e entre a LU-124 e o barrio O Couto de Outeiro.

A Deputación tamén aprobou un convenio co Concello de Viveiro por case 17.000 euros para a redacción do proxecto técnico das obras de urxente necesidade no cemiterio municipal.

Por outra banda, a Xunta de Goberno deu o visto bo a convenios co Club Sociedade Deportiva Muimenta por importe de cerca de 30.000 euros co fin de renovar a instalación eléctrica no campo de fútbol O Pichón da localidade; co Colexio Fundación Martínez Otero de Foz para a pavimentación do patio por 20.800 euros; e coa asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa por importe de 20.000 euros para sufragar os gastos dunha acción de dinamización e potenciación deste barrio emblemático de Lugo.