Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Éxito do IX concurso de karaoke de Xove

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

O IX concurso de karaoke de Xove celebrado este pasado sábado 28 de decembro foi todo un éxito. Xacobe Pedre e José Rodríguez, profesores da Escola Municipal de Música e Uxío Dayán do grupo de Gaitas de Saiñas, foron os xuices encargados de seleccionar aos gañadores. 

Na categoría Peques (ata 12 anos) o primeiro premio a Mellor Voz foi para Darío Castro Díaz, coa canción Hijo de la luna de Mecano e o segundo foi para Martín Canoura Lamelas coa canción Burrito Habanero de Hugo Blanco. O premio a Mellor caracterización levouno Anais Romero Suárez, coa canción Estrellida donde Estás.

Na categoría Iunor (de 12 a 18 anos) o primeiro premio a Mellor Voz levouno Alba Canouar Frá coa canción I Dont Wanna Be You Any More de Billie Eilish, o segundo Izan Frá Fernández coa canción Perfect de Ed Sheeran, e a Mellor caracterización Víctor Vázquez con La de la Mochila Azul de Pedro Fernández.

Os veteranos tamén levaron premios, así, Elena Valle García coa canción Halelujah de Alexandra Burke quedou primeira, seguida de Laura Míguez Ramos coa canción Por mil años más. Xa por último, Raul de Jesús Torres García e a canción Wonder of You de Elvis Presley acadaron a Mellor caracterización.

A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por noveno ano consecutivo.  Na entrega de premios estivo o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polas concelleiras Dolores Meitín e Ana Abad.