Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha nena de 7 anos gañou o concurso para o cartel da Cabalgata de Reis de Lourenzá

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

A nena de 7 anos Claudia Pérez Centeno foi a gañadora do concurso convocado pola Concellería de Cultura de Lourenzá para o cartel anunciador da Cabalgata de Reis 2020.

O premio, consistente nun lote de material didáctico, será entregado ao remate da Cabalgata o día 5 de xaneiro, anunciou o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.