Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A plataforma de auxiliares de Alcoa sumou o apoio de novas empresas

Por 31 Decembro, 2019Sin comentarios

A plataforma coordinadora de traballadores auxiliares de Alcoa sumou o apoio de seis novas empresas ás once xa presentes.

Dita plataforma está a recibir o apoio de empresas como Rodabell SA, Mecanizados Rodabell, Montaxes Rodabell, Mayco, Saur Xove e Talleres Noguera. Xunto coas 11 xa presentes suman un total de 800 traballadores.

A coordinadora acordou que non solicitarán presenza, aínda que como representantes de 800 traballadores terían o dereito a tela, na plataforma de seguimento convocada polo Goberno central.

Entenden que “non é máis que unha xuntanza de blanqueamento político para o PSOE, na cal pouco ou nada se arranxará. A solución á tarificación eléctrica non pasa por mesas de seguimento, pasa por tomas de decisión políticas e deixar o xogo de trileiros” din dende a plataforma.

“Nin PP nin PSOE tomaron decisións no momento que lles tocou tomalas a cada un, e de esos polvos temos estes lodos” engaden.

Esta plataforma convocará a unha xuntanza co comité dos traballadoras de Alcoa o 7 de xaneiro para coordinar accións e acercar posturas, co punto claro de que a planta de San Cibrao conta con o redor de 2000 postos de traballo directos.

Por último, convocarán unha mobilización con paros de traballo de 2 horas para finais do vindeiro mes.

“Dende que Alcoa se fixo cargo da planta de San Cibrao adicouse a reducir postos de traballos directos para externalizalos. Levando con iso a unha precarización dos postos de traballo, e a unha maior ganancia para eles, non pode ser que agora que pode vir un golpe mal dado que sexamos os primeiros en pagar o pato, tal e como xa aconteceu nas plantas de A Coruña e Avilés2, conclúen.