Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o calendario de rutas para o 2020

Por 2 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha serie de rutas para este ano 2020.

Así, estas camiñatas do novo ano comezarán o domingo 26 coa ruta A Seimeira da Pontenova, seguiran o 15 de febreiro co Camiño do Cantábrico no seu tramo As Catedrais ata a praia de Altar.

En marzo será a ruta Augas de Fonmiñá en Meira, en abril a ruta da Costa da Morte, e en maio tocará a fin de semana de rutas en Vilariño de Conso.

Xa no verán farán a camiñata do Piornedo aos Ancares, unha ruta de Burela, por Muras ou Lourenzá.

A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes.

Ademais, de que se queren información sobre como facerse socios non dubiden en poñerse en contacto con calquer membro da directiva ou a través dunha mensaxe privada a súa páxina de facebook.