Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz está a piques de rematar o novo alumeado no campo de fútbol

Por 2 Xaneiro, 2020Xaneiro 10th, 2020Sin comentarios

O Concello de Alfoz xunto coa Deputación de Lugo están a rematar a demanda veciñal dos alfocenses coa renovación da iluminación do campo de fútbol municipal.

O alcalde de Alfoz, Jorge Val, informou que a Deputación financia con 91.000 euros a mellora da instalación eléctrica e a iluminación do campo de fútbol de herba natural.

Jorge Val destacou que “con estas actuacións damos resposta a unha necesidade e demanda veciñal, pois a instalación eléctrica é moi antiga, de hai 30 anos. Ademais, a iluminación era deficitaria polo que durante o inverno era necesario acurtar as xornadas e os adestramentos. Agora coa nova instalación permitimos que se alonguen, potenciando así a práctica deportiva. Estará rematada a mediados de mes”.

O rexedor socialista explicou que estas melloras suporán a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%, grazas ás novas luminarias de tecnoloxía LED.

“O campo de fútbol municipal o empregan para adestrar e competir máis de 40 deportistas do C.D. Alfoz, cuxo equipo sénior logrou o ascenso á Segunda Autonómica. As obras estarán listas previsiblemente para o inicio da nova tempada deportiva”, subliñou Jorge Val.

A Deputación acordou seguir mellorando o Campo de Fútbol cunha modificación do convenio asinado, co obxectivo de investir os remanentes da reforma da instalación eléctrica desas dependencias municipais en máis melloras neste lugar. Con cargo a remanentes destas actuacións, agora vaise desenvolver un conxunto de traballos cun orzamento de 19.458,02€ para seguir mellorando esta infraestrutura municipal.