Skip to main content

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregaron as axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos dous centros do municipio nos que se imparte este ciclo educativo, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, apuntou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 7500 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros en función da renda familiar”.