Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O equipo feminino do Praias de Barreiros participará no I Torneo de Reis de Begonte

Por 3 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Este sábado día 4, o Begonte F.S organiza o I Torneo de Reis que se xogará en Baamonde.

O equipo feminino do Praias de Barreiros participará no torneo , e atópase no grupo B. Así, xogará o seu primeiro partido ás 12.00 horas contra o Villestro SD, e despois contra o anfitrión ás 13.40 horas.

Xa pola tarde xogaranse as finais a partir das 17.00, e a gran final será ás 19.45.

O que queira acudir para ver os partidos ten que facelo polos seus medios, pois neste caso o club non dispoñerá de autobús.