Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

En Marea Mondoñedo súmase ás críticas á alcaldesa pola xestión das subvencións

Por 11 Xaneiro, 2020Sin comentarios

“O Concello de Mondoñedo ven de rexeitar no pasado exercicio de 2019 unha subvención da Xunta de Galicia para Rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios de vivendas de titularidade municipal por un importe de 25.826,01 euros, concedida pola Dirección Xeral do IGVS”, din dende En Marea Mondoñedo.

O edificio está a destinarse como centro de reunións comunitario ademais de servir para impartir cursos de actividades culturais e deportivas nó que participan activamente numerosas persoas da parroquia. “O estado non é o máis axeitado dende o punto de vista de salubridade nin de decoro, polo que a rehabilitación dó mesmo supón un importante valor engadido para as actividades comunitarias”, din.

“No pasado período electoral, o Partido Popular prometeu o arranxo destas instalacións, e así fixo a solicitude da subvención , pero posteriormente rexeitouna sen ningunha explicación a veciñanza. Este feito só pode entenderse dentro de unha política de fraude , de promesas incumpridas  e de desprezo absoluto cara a cidadanía. O único interese que ten a Xunta de Goberno, tal e como leva demostrando reiteradamente é facer unha política de falsa publicidade , cara a galería, que despois non é capaz de reflectir en feitos”. 

Dende En Marea Mondoñedo, queren lembrar que os veciños da parroquia están esperando dende o 3 de xullo de 2018 , que o Concello leve a cabo a promesa da Declaración Institucional desa data na que prometían a “nó que atinxe a camiños públicos continuar con axilidade e contundencia os expedientes iniciados para a reparación dos mesmos”, engaden dende o grupo político.

Así, esixen que “o Partido Popular traballe por Mondoñedo, e cumpra as súas promesas de interesarse polo benestar dos seus veciños e que deixe de enganar e mentir reiteradamente. Os programas de goberno están para ser cumpridos, e non para ser utilizados en datas electorais só para gañar votos”, rematan dicindo.