Burela fará entrega dos premios do certame de postais de Nadal

O vindeiro mércores, día 15, ás 19.00 horas da tarde na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do Certame de Postais Nadal 2019.

Ao remate do acto procederase a clausurar a exposición das Postais do Nadal, presentadas nesta edición ao concurso.

O xurado fixo público o veredicto do devandito certame, que foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Burela. Os gañadores na categoría infantil foron Pedro Cociña Lestao de 4 anos do Ceip Virxe do Carme, María Rega Eijo e Sabela Braña Moran de 5 anos e do Ceip Vista Alegre as dúas.

Na categoría de 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para Lucía Quelle Fernández de 6 anos e do Ceip Virxe do Carme, o segundo para Diego Calvo Fernández de 6 anos e do Ceip Vista Alegre, e o terceiro para Hugo Caruncho Corral de 6 anos e alumno do Ceip Virxe do Carme.

En 3º e 4º de Primaria Víctor López Pérez de 9 anos e alumno do Ceip Fondo Nois acadou o primeiro premio, Alejandro Chao Fraga de 9 anos e do Ceip Virxe do Carme o segundo, e David Valle Cajoto de  8 anose do Ceip Vista Alegre o terceiro.

Xa en 5º e 6º de Primaria as tres agasalladas son alumnas do Ceip Virxe do Carme, e foron Carmela Fernández García de 11 anos, Ana Lestao Ben de 11 anos e Sara Rodil Lamas de 10 ano.

Etiquetas