Foz puxo en servizo o primeiro tramo da renovación do abastecemento de auga a Mañente

O Concello de Foz informa que se puxo en servizo o primeiro tramo da renovación do abastecemento a Mañente (Vilaronte), de 700 metros de lonxitude, obras que comezaron a finais do mes de novembro do ano pasado.

A actuación consistiu na substitución da vella condución de fibrocemento por unha nova tubaxe de PVC de 125 milímetros e de 10 atmosferas de presión.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “as obras continúan polo que lamentamos as molestias que se podan ocasionar, que trataremos de minimizar facendo cortes só moi puntuais do servizo para realizar os entronques necesarios. Esperamos que rematen o antes posible para que os veciños de Mañente dispoñan dun servizo de abastecemento de auga de calidade”.

Etiquetas