Skip to main content
AMARIÑAXA

Propósitos de ano novo

Por 14 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Por Noel López Pinín

Comezamos o 2020 cargados de enerxía e a estas alturas a frase que mais adoitamos escoitar é iso de “ano novo vida nova”. E Como cada ano, mais de un e unha terán preparada unha lista de novos propósitos nos que atopamos,  de seguro,  iniciala dieta e  apuntarse o ximnasio.

Como profesional do campo da nutrición, recalco a importancia que ten a nosa alimentación, que non só repercute a nivel físico se non  tamén no noso estado de ánimo. Algo que sempre aconsello aos meus pacientes  é que unha dieta non debe ser algo temporal, hai que comezar por asentar uns hábitos e o primeiro paso é esquecer de esas dietas milagre que prometen resultados asombrosos en moi pouco tempo, porque nin son asombrosos nin son certos.

Xurde así a pregunta de, ¿por donde comezar? Para axudarvos con esta tarefa, traemos aquí a nosa lista de propósitos nutricionais para este 2020.

1- Ser realistas cos nosos obxectivos: por exemplo, marcar pequenas metas. Se alguén ten como obxectivo final perder 20kg de peso, é mellor pequenas perdidas mes a mes, deste xeito non se frustrará e será mais doado  de cumprir.

2- Escribir un diario do que comemos: fainos conscientes de toda a cantidade innecesaria de comida que inxerimos ou picamos o longo do día. Controlamos así os nosos hábitos para poder corrixir aqueles que non nos benefician.

3- Acude a un experto: o internet hoxe en día facilita que teñamos acceso a todo tipo de dietas e permítenos levar un plan desde a comodidade da nosa casa , pero moita da información que vamos a atopar é errónea,  o ideal é poñerse en contacto cun profesional da materia para evitar caer en dietas “trampa”. Sempre nos orientará según as necesidades de cada paciente. Recordar de novo que os únicos profesionais con competencia para pautar unha dieta son os dietistas ou os nutricionistas, debemos vetar pseudoprofesionais ocultos tras nomes como “asesores nutricionais” , “coach nutricional “, “asesores de benestar” etc

4- Graxas: aumentar o consumos de graxas saudables, como son o aceite de oliva virxe extra, froitos secos naturais, aguacate, peixes azuis, sementes como o lino, as pipas de cabaza,… todos estes alimentos son ricos en graxas saudables ou como a maioría as coñece, omegas 3,6 e 9.

5- Reducir o consumo de azucre branco: Pódese comezar sustiuindo por produtos como a panela, stevia ou mel, e pouco a pouco empregalo menos ata lograr  deixalo por completo

6- Comer 3-5 pezas de froita o día: aliada perfecta para os momentos de ansiedade, como aperitivo entre horas, almorzo ou sobremesa.

7- Comer peixe unhas 3-4 veces a semana: existen multitude de posibilidades no mercado polo que é cuestión de ir probando os que mais nos guste.

8- Menos carne vermella e mais branca: para aqueles que non concibides a vida sen carne, optar por carnes como polo, coello ou pavo. Conteñen menos graxas

9- Apostar polos integrais: substituír ese arroz, esas pastas, pan ou cereais pola súa versión integral. Maior aporte de fibra e minerais, un pequeno cambio fácil de incorporar.

10- Mais cocido e menos frito

11- Verduras: a diferenza co resto de alimentos, teñen moi poucas calorías, son ricas en minerais e vitaminas, ademais de saciantes.

12- Legumes 2-3 veces na semana: fonte de hidratos de carbono e proteína. Unha vantaxe é que son moi versátiles na cociña.

13- Practica exercicio a diario: manterse activo é fundamental para uns hábitos saudables. Ninguén dixo que teñas que ir o ximnasio ou saír a correr, cando falamos de actividade pode ser calqueraa que nos manteña en movemento e se atopamos algo que nos guste mellor,xa sexa camiñar, nadar, andar en bicicleta, bailar,… calquera delas é unha opción moi interesante

14- Unha correcta hidratación: Eliminar o consumo de refrescos, zumes e apostar por un maior consumo de auga e infusións. Aproveito para dicir que non!! O consumo de leite non se contabiliza como hidratación.

Como calquera propósito de ano novo, necesitará paciencia, compromiso e sobre todo ser conscientes de que os novos hábitos deberán permanecer para sempre, solo así lograremos o noso plan.

Espero que vos sirva de axuda este pequeño artigo, grazas e  espero que este 2020 cumpra todos os vosos obxectivos e veña cargado de felicidade.