Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O CD Alfoz ficha ao arxentino Ramiro para a portería

Por 22 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Á directiva do CD Alfoz anunciou a nova fichaxe do porteiro arxentino de 20 anos, Ramiro. Este novo xogador firma para acompañar a Jacobo na blindaxe da portería verdibranca trala retirada do Gato.

Formado no Viveiro CF, chega procedente do SD Burela onde, pese a súa xuventude, mostrou moi boas destrezas para atrapar os balóns que se lle achegan.

Á volta do parón de Nadal, o equipo elixiu a Ángel Valea como xogador do mes de decembro. Dende a directiva “queremos agradecerlle a implicación, o progreso e a constancia que este xogador mostra tanto no terreo de xogo como no vestiario. É un pracer que xogadores do pobo teñan unha evolución tan boa no equipo que os veu nacer”.

Responsables do CD Alfoz explicaron que proximamente estrearán o novo alumeado que dende a Deputación de Lugo están instalando no municipal de Alfoz. “Confiamos en que este tipo de iniciativas, que avogan pola rehabilitación das instalacións murchadas polo paso do tempo, continúen e o concello siga colaborando na medida das súas posibilidades”, din.

O conxunto ascenden este ano dende Terceira Autonómica como primeiro da categoría e este ano finalizou como campión de inverno.