Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP reivindican o acondicionamento das vías LU-P-5204 e LU-P-5205 ao seu paso por Ribadeo

Por 22 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Os populares critican “o abandono” das estradas provinciais no termo municipal de Ribadeo e reivindican xunto aos veciños e veciñas de Arante e Santalla que o goberno bipartito da Deputación de Lugo acometa os traballos de mellora do firme e acondicionamento das vías LU-P-5204 e LU-P-5205.

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, que visitou a zona acompañado do deputado provincial Javier Castiñeira, e o coordinador do rural do Partido Popular de Ribadeo, Inocencio Rodríguez, sinala que “estas estradas vertebran as parroquias do interior ribadense e comunican co municipio de Trabada” e, polo tanto, “son moi empregadas polos veciños e veciñas”. O popular lamenta que dende o goberno da Deputación acometan só o arranxo de partes destas vías de titularidade provincial e reclama dotación orzamentaria que permita a mellora da estrada na súa totalidade para dotar aos ribadenses dunhas vías de comunicación axeitadas e que garantan a súa seguridade. Por iso, Vega esixe que se arranxen “de inmediato” ao considerar “indignante” que se actúe nas vías de forma incompleta.

O voceiro popular proponlle ao presidenta da Deputación que “pasee menos e que dote de maior orzamento ás infraestruturas que son competencia do organismo provincial”. Nese sentido, agarda que “a resposta sexa positiva e que o goberno da Deputación non nos abandone outra vez máis”.

Javier Castiñeira tamén sinala que “a estrada provincial LU-P-5204 presenta moi mal estado nalgún dos seus tramos ao seu paso polas parroquias rurais de Ribadeo”. Concretamente, o deputado provincial sinala que “no quilómetro 3, na parroquia de Arante, o pavimento está fatal” e, polo tanto, entende que “o goberno da Deputación debe cumprir cos veciños de Ribadeo e arranxar esta estrada” porque, entre as súas competencias, atópase a de “vertebrar as zonas rurais e iso require do arranxo dos seus accesos”.

Castiñeira lamenta que “nesta estrada só se realizaran algúns apaños” e asegura que “faremos chegar á Deputación as queixas dos veciños de Ribadeo” tanto sobre o estado desta vía como da LU-P-5205 ao seu paso por Santalla. “A Deputación ten que tomar unha medida. Os veciños chámannos porque están fartos de pasar por estradas en moi malas condicións, incluso se inundan varias veces ao ano como é o caso desta última”, especifica.

Estradas provinciais da Mariña
O Grupo Provincial do PP ten introducido a debate no Pleno en varias ocasións o estado de conservación das estradas provinciais na comarca da Mariña. Sobre os problemas de seguridade na LU-P-5207 (Ribadeo-Vilela) advertiron os populares na sesión plenaria de marzo do 2019 cunha moción na que reivindicaron que a Deputación de Lugo incrementase os fondos para a conservación da Rede Viaria Provincial que foi aprobada por unanimidade.

Posteriormente, no mes de outubro do pasado ano, a través dun rogo, trasladaron a necesidade de mellorar e acondicionar a LU-P-6406 dende o Cristo da Portapena a Pontesegade, no termo municipal do Vicedo; e a LU-P-4404, ao seu paso por Riotorto.

Por outra banda, a pasada semana o deputado provincial e alcalde do Vicedo, Jesús Novo, facíase eco das queixas a taxista que cubre o servizo de transporte escolar no municipio de Ourol sobre o estado intransitable da estrada LU-P-3807, especialmente no tramo que vai de Fornos ata a LU-P-3805, porque afecta ao seu vehículo.