Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha televisión británica saca unha reportaxe sobre as Catedrais

Por 23 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A canle Channel 5 británica emitiu unha reportaxe sobre a praia das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que “é unha grande oportunidade para o turismo de Ribadeo”.

O rexedor explica que “unha das canles mais importantes do Reino Unido vén de emitir hai poucos días un documental, en prime time con máis de dous millóns de espectadores, as marabillas do noso areal das Catedrais. Sen dúbida que é unha grande oportunidade para o turismo de Ribadeo”.

Suárez Barcia di que “este programa versa sobre as rutas de trens arredor do mundo que pasan a carón de lugares espectaculares. O documental non ten presentador senón que son as propias persoas que coñecen persoalmente o lugar ou que poidan ter historias interesantes sobre el, as que llelo presentan aos telespectadores”.

O alcalde engade que “aproveitamos a oportunidade desde o Concello e, de xeito desenfadado tal e como nos pediron desde esa cadea británica (e facendo o que puidemos co inglés),  demos a coñecer un dos nosos mellores produtos turísticos a un público internacional e anglófono que aínda non sabe demasiado de nós. Pensamos que é boa cousa logo para Ribadeo, A Mariña e Galiza. Aquí, en Fitur ou onde teñamos oportunidade, seguiremos dando a coñecer os nosos encantos”.