Entregados en Foz os premios do Campañazo

Entregados os premios aos gañadores do segundo Campañazo de xaneiro do CCA de Foz. Iván Fanego e Javier Herrero resultaron agraciados con 150 euros cada un en vales de compra para gastar nos comercios participantes. Os dous cantaron á vez o Campañazo en Xoyma o pasado venres. Outras oito persoas resultaron premiadas nesta cita e repartíronse os outros 300 euros en vales de compra.

Iván Fanego obtivo o seu cartón en Kukadas e Javier Herrero en María Docampo.

No acto de entrega dos premios participaron Míchel Cabaleiro, de Kukadas; María Docampo; e Ángeles Piñeiro, de Xoyma.

Mañá, venres, ás 23:00 horas terá lugar o terceiro sorteo do Campañazo de xaneiro, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes.

Etiquetas