Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Viveiro reclama un bando que obrige a cumplir coa lei de plantación

Por 26 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O grupo municipal do BNG de Viveiro reclama á alcaldea a publicación dun bando municipal lembrando da obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na normativa da Xunta, para que as persoas propietarias dos terreos a carón das pistas municipais corten pola súa conta todas as árbores que podan pór en perigo a seguridade das persoas usuarias das mesmas, e onde se lles informe que aos titulares destes terreos con arboredo que fagan caso omiso a este bando, pasado o prazo voluntario dado polo concello e previa advertencia do órgano municipal, abriráselles un expte. sancionador coa consecuente multa, á que se poderá sumar, de ser o caso, as actuacións subsidiarias de limpeza realizadas polo concello e ou o decomiso do arboredo.

Os numerosos temporais de choiva e vento que se rexistraron nestas últimas semanas no concello de Viveiro acarrearon múltiples complicacións como consecuencia das caídas de árbores sobre, entre outras, estradas e pistas, “a maioría das cales poderían ser evitables de cumprirse coa normativa autonómica en canto á distancias entre fincas e pistas”. “Estas incidencias durante as borrrascas, cada vez máis habituais, pon en evidencia o problema e perigo que supón para a nosa veciñanza a masa árborea plantada sen control á beira das estradas e pistas”, recalcan.