Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Organizan un Maratón de Tute en Ribadeo

Por 27 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O restaurante Foguete de Ribadeo organiza o seu I Maratón de tute para o 8 de febreiro.

O campionato comezará ás 17.30 horas e terá premios para os catro primeiros clasificados.

Os premios será de 1.500 puntos para o primero, 500 para o segundo, 300 para o terceiro e 100 para o cuarto.

Ademais haberá dúas voltas de repesca, a primeira con premios aos catro primeiros de 400, 200, 100 e 60 puntos, e a segunda de 200 para o primeiro e 100 o segundo.

O prezo de participación son 80 puntos por parellas, no que está incluída unha cea que ten por menú sopa de marisco, lacón asado ao forno sobremesa, bebida e café.

A organización lembra que os premios poderán variar en función do número de parellas participantes, e que hai un límite de 64 parellas.

Para participar é necesario anotarse chamando ao 982 131 763 ou 637 982 802.