Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP solicita un pleno para falar da polémica da residencia de anciáns

Por 27 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Partido Popular de Foz aseguran que é necesario convocar un pleno para falar da polémica xurdida entre una empresa e a residencia de anciáns muncipal.

Aseguran que o pasado 25 de xaneiro un responsable da empresa Aloumiños, da que é copropietaria a concelleira Verónica Acela Peña, denunciou a través nunha rolda de prensa que o Concello de Foz non actúa ante o que consideran un caso de “competencia desleal” da residencia pública de anciáns recentemente aberta e en particular “o máis grave a pasividade do Sr alcalde que denuncian fai caso omiso deste conflito”.

Segundo lembran, a residencia de anciáns foi construída grazas as xestións do pasado goberno Popular e cedida ao Concello de Foz “para garantir a transición de usuarios e traballadores do asilo mediante un convenio de cesión de 2 anos co Consorcio galego de benestar e titular das instalacións coa posibilidade de ser prorrogado outros 2 anos e que foi renovado pouco antes do inicio da actividade da residencia polo mesmo período”.

“Chama poderosamente a atención que sexa unha empresa participada pola actual concelleira socialista e titular das areas de muller, igualdade e inmigración a que denuncie á residencia pública e acuse ao seu compañeiro de corporación e alcalde ao Sr Cajoto de pasividade no que parece un claro conflito de intereses persoais de membros do goberno”.

Consideran que se dá “mala imaxe” por parte do goberno e especialmente o “daño que se está facendo a unha institución como é a residencia de anciáns que polo que coñece o Partido Popular e coincidente coas palabras do propio Alcalde está funcionando de forma correcta sen ter queixa ningunha dos usuarios por mala xestión”.

Debido a todo isto, instalarán no pleno ao goberno municipal a aclarar si está incumprindo o contrato por parte da concesionaria da residencia ou se polo contrario estamos ante un conflito de interese de membros do goberno.

Tamén pedirán que se cese de presionar e danar a imaxe da institución por parte de membros do goberno e en todo caso reprobar a actitude da concelleira Verónica Acela Peña por non saber separar os intereses persoais da súa empresa cos adquiridos pola súa condición de Concelleira da Corporación.

Instan tamén ao goberno municipal a convocar inmediatamente a comisión de seguimento da residencia para xestionar esta crise en base a informes técnicos do asistente social ou areas competentes.

Finalmente queren que se faga unha declaración institucional en apoio ao servizo municipal público que se da na Residencia e Centro de día de Foz.