Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Esta fin de semana serán as festas de San Blas en Vilaxoane, Foz

Por 28 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz organiza para o 31 de xaneiro e 1 e 3 de febreiro as festas de San Blas en Vilaxoane, Foz.

Estas festas darán comezo o venres pola noite coa actuación do grupo La Ocabanda.

Xa o domingo, haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix, que ademais porá a nota musical pola noite.

O luns 3, o día do patrón, haberá misas ás 13 e 18 horas, con procesión e a bendición tradicional.

Ademais contarán co Pan de San Blas e a imposición do Santo durante todo o día.

A organización lembra que haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.