Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz vén de poñer un marcha a recollida de plásticos porta a porta

Por 28 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz vén de poñer un marcha un novo programa para a mellora da xestión ambiental coa recollida de plásticos agrícolas porta a porta.

Toda persoa interesada en anotarse deberá facelo na oficina de Medio Ambiente en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Para poder levar a cabo este sistema haberá que depositar os pláticos pregados e atados ou en saco tipo bigbag. Non se poderán depositar garrafas, rodas nin outro tipo de residuos. E terán que colocalos nun sitio accesible para a súa recollida co camiñon municipal.

Con todo isto, intentase reducir considerablemente a xeración de refugallos mediante actividades de prevención, redución, reciclado e reutilización e asegurar que as persoas de todo o mundo teñan a información e os coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sustentable e os estilos de vida en harmonía coa natureza