O colexio Pilar de Foz celebrará o Día da Paz cunha marcha

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (School Day of Non-violence and Peace) celébrase todos os anos o 30 de xaneiro e ten por obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. 

Así pois, este xoves 30 de xaneiro, o colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz celebrará o Día da Non Violencia e a Paz e, entre as actividades programadas, se o tempo o permite, realizarase unha marcha solidaria dende o colexio ata a Casa do Concello coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de axudar a aquelas persoas que teñen algunha dificultade. 

A saída farase ás 12.00 do colexio ata a prolongación Álvaro Cunqueiro onde terán o acto principal no que se lerá un manifesto é procederase á solta de pombas. A continuación farán o percorrido de volta. 

Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. 

Etiquetas