Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Convocan a quinta edición do Concurso de Fotografía Amateur de Viveiro

Por 30 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan a V edición do Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller traballadora o 8 de marzo.

A convocatoria rexerase polas bases aprobadas por resolución de Alcaldía do día 22 de xaneiro de 2020 e publicadas no tablón de edictos e na páxina web do Concello.

Os premios que se outorgarán consistirán en 300, 150 e 100 euros.

Para máis información, dirixirse ao CIM Viveiro ou nos telefonos 982 55 04 21 e 982 56 21 49.